first-contributions/translations/README.gl.md
2022-11-22 01:05:15 +01:00

108 lines
6.6 KiB
Markdown

[![Open Source Love](https://badges.frapsoft.com/os/v1/open-source.svg?v=103)](https://github.com/ellerbrock/open-source-badges/)
[](https://join.slack.com/t/firstcontributors/shared_invite/zt-1hg51qkgm-Xc7HxhsiPYNN3ofX2_I8FA)
[![License: MIT](https://img.shields.io/badge/License-MIT-green.svg)](https://opensource.org/licenses/MIT)
[![Open Source Helpers](https://www.codetriage.com/roshanjossey/first-contributions/badges/users.svg)](https://www.codetriage.com/roshanjossey/first-contributions)
# Primeiras Contribucións
É difícil. Sempre é difícil a primeira vez que fas algo. Especialmente cando estás colaborando, equivocarse non é algo agradable. Pero no *open source* (o código aberto) todo trata de colaboración e de traballar xuntos. Quixemos simplificar a forma na que novos contribuidores *open-source* aprenden e contribúen por primeira vez.
Ler artículos e ver titoriais pode axudar, pero ¿que haberá mellor que facer as cousas nunha contorna pensada para practicar? Iste proxecto enfócase en prover unha guía e en simplificar o xeito no que os novatos fan a súa primeira contribución. Lembra que mentres máis relaxado esteas, mellor aprenderás. Se queres facer a túa primeira contribución só tés que seguir os sinxelos pasos que se amosan a continuación. E prometémosche que será entretido.

Se aínda non tés git na túa máquina, [ instálao ]( https://help.github.com/articles/set-up-git/ )
## Bifurca(*Fork*) este repositorio
Fai un *fork* (bifurcación) deste repo facendo click no botón "Fork" que está na cima desta páxina.
Isto creará unha copia deste repositorio na túa conta.
## Clona(*Clone*) o repositorio

A continuación clona este repo no teu equipo. Fai click no botón "*Clone*" e despois na icona para copiar ó portapapeis (clipboard)
Abre a túa consola ou terminal e executa o seguinte comando de git:

git clone "url que copiache"

Onde "url que copiache" (sen as comiñas) é a url deste repositorio. Mira os pasos previos para obter a url.

Por exemplo:

git clone https://github.com/o-teu-nome/first-contributions.git

Onde "o-teu-nome" é o teu usuario de GitHub. Aquí estarás copiando os contidos do repositorio first-contributions en GitHub para o teu computador.
## Crear unha póla(*Branch*)
Cambia ó directorio do repositorio no teu computador (se é que non estás xa nel).

cd first-contributions

Agora crea unha branch (póla) usando o comando `git checkout`

git checkout -b <engade-o-teu-nome>

Por exemplo

git checkout -b engade-María-Soliña

(O nome da branch non ten que incluir necesariamente a palabra 'engade', pero resulta razoable se consideramos que o propósito desta póla é engadir o teu nome a unha lista).
## Fai os cambios necesarios e efectúa(*Commit*) deses cambios
Agora abre o arquivo `Contributors.md` nun editor de texto, engade o teu nome e despois garda o arquivo. Se vas ó directorio do proxecto e executas `git status`, verás que hai modificacións. Agrega eses cambios ou modificacións usando o comando `git add` tal como se amosa:

git add Contributors.md

Agora podes facer commit sobre os cambios co comando `git commit`

git commit -m "Add <o-teu-nome> to Contributors list"

cambiando `<o-teu-nome>` polo teu nome.
## Envía (*Push*) os teus cambios a GitHub
Fai un *push* dos teus cambios usando o comando `git push`

git push origin <engade-o-teu-nome>

cambiando `<engade-o-teu-nome>` polo nome da branch que creaches antes.
## Envía os teus cambios para seren revisados
Se vas ó teu repositorio en GitHub, verás un botón `Compare & pull request`. Fai click nese botón:

Agora crea e envía a pull request:

Axiña mesturarei os teus cambios (facendo *merge*) na master branch deste proxecto. Recibirás unha notificación por correo cando os cambios xa estean mesturados.
### [ Material adicional ](../additional-material/git_workflow_scenarios/additional-material.md)
## Titoriais con outras ferramentas

| [GitHub Desktop](../gui-tool-tutorials/github-desktop-tutorial.md) | [Visual Studio 2017](../gui-tool-tutorials/github-windows-vs2017-tutorial.md) | [GitKraken](../gui-tool-tutorials/gitkraken-tutorial.md) | [Visual Studio Code](../gui-tool-tutorials/github-windows-vs-code-tutorial.md) | [Atlassian Sourcetree](../gui-tool-tutorials/sourcetree-macos-tutorial.md) | [IntelliJ IDEA](../gui-tool-tutorials/github-windows-intellij-tutorial.md) |
## Onde ir dende aquí?
Tamén poderías unirte á nosa *equipa* en Slack no caso de que necesites axuda ou teñas algunha pregunta. [Únete ó noso Slack](https://firstcontributors.slack.com/join/shared_invite/enQtMzE1MTYwNzI3ODQ0LTZiMDA2OGI2NTYyNjM1MTFiNTc4YTRhZTg4OWZjMzA0ZWZmY2UxYzVkMzI1ZmVmOWI4ODdkZWQwNTM2NDVmNjY)